¿Que é un blog? ¿Como comezalo, engadirlle videos e imaxes e verlle dar os seus primeiros pasos? ¿Como facer que perdure no tempo e difundilo facendo que medre con éxito e teña máis gancho e seguidores? ¿Que indica a ausencia de comentarios no teu blog e que comentar no dos demáis? Por a detallada información organizada que da, informandonos pasiño apasiño de como madura un blog e vendo incrementarse os nosos coñecementos informáticos, debo recomendar "Buenas prácticas con Blogs" de proyecto autodidacta que ademáis ten información diversa e outros tutoriais de foros. "Buenas prácticas con Blogs" tamén é recomendable por dar unha información de maneira entretida, en forma de cómic, que supón unha maneira máis chamativa de informarse. Podes descargala en formato cómic propiamente dito pero precisas descargar programas específicos de lectura de cómics ou en versión PDF ca que poderás ver a información, inclusive o cómic, aínda que noutro formato e sen necesidade de descargar e instalar ningún programa. Rápido e sinxelo.
Pero por si acaso quixeras descargar estes programas de visión de cómics, déixoche as URL dependendo de onde o vaias leer:
-Nun ordenador Windows ou nun Mac: Comical.
-Nun iPhone ou iPad: ComicBookLover.
-Nun Android: Droid Comic Viewer.
Deixovos ademáis un video sobre como crear un blog pasa a paso xa que con elementos audiovisuais sempre se fai máis doado.
"Como Hacer un Blog Optimizado en Blogger paso a paso,parte1"
"Como Hacer un Blog Optimizado en Blogger paso a paso,parte2"
Hai ata 11 VIDEOS! sobre este tema polo tanto si che interesa moito sempre os poderás atopar no buscador lateral dereito de youtube.
No hay comentarios:
Publicar un comentario